Tras un longo periodo de ausencia o blog anTropos voltará á actividade...
Para esta nova aventura contaremos coa activa participación dos alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O. do colexio. Eles e elas serán os auténticos protagonistas cos seus artigos, imaxes e investigacións.
Este ano decidimos recuperar o Certame de Construción de Megalitos, aberto á participación de todo o alumnado de 1º do E.S.O. O concurso ten como obxectivo profundizar no coñecemento do megalitismo, un fenómeno especialmente afincado en Galicia e que afonda no máis remoto do noso pasado, ao tempo que se exercita a creatividade. Nesta edición cada participante debía construír un dolmen propio. Os dólmenes (este termo procede do bretón, en galego é máis correcto anta) son monumentos funerarios da Idade dos Metais. Eran construídos con varias laxes de pedra chantadas verticalmente e unha gran pedra horizontal a modo de peche. No certame houbo unha gran variedade de propostas: antas de masilla, de pedra, con paisaxe incorporada, en caixas,... Estiveron expostos no aula de 1º do E.S.O. durante unha semana e agora, por fin, o xurado deu un veredicto! Velaquí a anta gañadora do IIIº Certame de Construción de Megalitos:
Anta gañadora, realizada por María Rodríguez Ramos.
Aínda así hai que facer mención das dúas antas finalistas xa que a decisión final foi moi disputada:
1ª finalista: anta "zen" de Erin Álvarez Iglesias.
2ª finalista: anta selvática de Paula Álvarez Borrajo.
Para elixir a gañadora tívose en conta a fidelidade histórica da creación de María. Se non nos credes, comparade a súa anta con este dolmen irlandés!
O dolmen de Poulnabrone, erixido durante a Idade do Bronce en Irlanda.
Como é habitual o pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non-violencia, unha xornada que pretende honrar a figura de Mahatma Gandhi no aniversario do seu asasinato.
No Guillelme Brown cada curso adicamos o Día da Paz a unha temática diferente, pero todas relacionadas coa non-violencia e a cidadanía responsable. Este ano, por petición expresa do alumnado de secundaria tratamos os dereitos da muller e a loita pola igualdade de xénero.
Tras o tradicional almorzo solidario con produtos de comercio xusto, os alumn@s da E.S.O. fixeron unha posta en común cos traballos e investigacións realizados:
1º da ESO: expoñeu varios traballos sobre a
situación da muller en varias etapas históricas. Como era a súa vida
cotiá? Cal o seu traballo? Cales os seus dereitos? Como conclusión,
todos estiveron de acordo en sinalar que as mulleres estiveron
relegadas durante gran parte da historia ao ámbeto familiar e
domestico. Ante a evidente pregunta de cando comezou a fraguarse esta
situación, os grupos tivérono claro: xa na Prehistoria, ao comezo da
Idade dos Metais. (A historia da muller é algo que traballamos
polo xeral na asignatura de Ciencias Sociais).
Un momento da exposición dos grupos de 1º da E.S.O.
2º da ESO: fixo un traballo de recompilación de
datos a través de internet, utilizando fundamentalmente os facilitados
pola web do Instituto Nacional de la Mujer do goberno de España.
Queriamos
saber se hoxe en España existía
ou non a igualdade real entre homes e mulleres. O resultado foi claro: as estatísticas e os
datos confirman que aínda non acadamos a igualdade.
Fabiola demostrou
que aínda existen traballos considerados másculinos
e outros femininos. Pedro explicounos o concepto de brecha salarial
(diferencia de soldo entre un home e unha muller en postos similares)
demostrando que nalgúns sectores económicos chega ata o 25 %. Daniel
centrouse no acceso das mulleres a postos de responsabilidade
e chegou á conclusión de que, se ben existe paridade no mundo da
política, non ocorre o mesmo nas grandes finanzas: non hai ninguna
muller presidenta ou vicepresidenta en ninguna das empresas do Ibex35! A
Luz tocoulle lidiar coa violencia de xénero e analizou
os datos sobre as vítimas mortais entre os anos 2008 e 20012,
desfacendo algún mitos como o de que a maioría dos agresores son de
orixe estranxeira.
3º da ESO: analizou a prensa escrita e obtivo os
seus propios datos para comprobar que tampouco non medios de
comunicación existe igualdade real. En ningún dos cinco xornais
analizados (dous de tirada nacional, dous galegos e un local)
a porcentaxe de novas sobre mulleres ou o xénero feminino pasaba do
10%.
Resultado da criba de novas de Álvaro (á dereita as "novas en feminino").
Ademais, Andrés analizou unha revista dirixida ao público feminino
para analizar os temas que nel se trataban. Os temas máis tocados eran
moda, vidas privadas, famosos e consellos de
cociña, saúde e ocio. Este tema deu pé a un debate sobre as
preferencias de alumnos e alumnas coa conlcusión de que os temas que os
medios de comunicación consideran de “interese feminino” non
corresponden realmente cos más interesantes para as
nosas alumnas.
Un momento do debate.
Para rematar o acto, falamos da campaña “Nobel para Malala” da ONG Axuda en Acción. Trátase dunha iniciativa para presentar
a candidatura ao premio Nobel da Paz de Malala Yousafzai, a nena
paquistaní que o pasado 9 de outubro recibiu un
disparo na cabeza por defender o dereito á educación das nenas no seu
país.
Un dos vídeos da campaña de Axuda en Acción sobre a situación da muller no mundo.