Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

16 de noviembre de 2015

Morre Alexandre Magno!

Hoxe iniciamos unha nova sección no blog: o Xornal da Historia. De cando en vez mandaremos a algúns dos nosos redactores ao pasado a cubrir os feitos históricos que eles consideren máis relevantes. Será capaces de enfrontarse ao máis escuros enigmas da Historia?


________________________________________________________________

Redactoras: Ainhoa Prieto e Diana Nogueiras

O gran Alexandre Magno morreu onte á noite. Os galenos están aínda investigando as causas, pero a hipótese que creen máis posible é que fose vítima de malaria, febre tifoide ou virus do Nilo Occidental.

Outros cren que foi alguén que quería ver ao emperador morto e que desenvolveu unha bebida fermentada con planta velenosa e viño para enmascarar o seu sabor amargo.

Alexandro III de Macedonia morreu xove, pero viviu deprisa. En só 13 anos de campañas militares, levantou un dos  maiores imperios: afianzou seu poder en Grecia, conquistou o imperio Persa e se fixo cun dominio que se extendía por Exipto, Anatolia, Oriente Próximo, Asia Central e detíñase ás portas da India.

E parou na India non por falta de ganas, senón de alimento e de recursos para as súas tropas.

Alexandre Magno pasa revista ás súas tropas antes da batalla de Gaugamela.

19 de octubre de 2015

Voltamos!

 Tras un longo periodo de ausencia o blog anTropos voltará á actividade...

Para esta nova aventura contaremos coa activa participación dos alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O. do colexio. Eles e elas serán os auténticos protagonistas cos seus artigos, imaxes e investigacións.  

Agardamos que o desfrutedes!

2 de abril de 2014

IIIº Certame de Construción de Megalitos


Este ano decidimos recuperar o Certame de Construción de Megalitos, aberto á participación de todo o alumnado de 1º do E.S.O. 

O concurso ten como obxectivo profundizar no coñecemento do megalitismo, un fenómeno especialmente afincado en Galicia e que afonda no máis remoto do noso pasado, ao tempo que se exercita a creatividade.

Nesta edición cada participante debía construír un dolmen propio. Os dólmenes (este termo procede do bretón, en galego é máis correcto anta) son monumentos funerarios da Idade dos Metais. Eran construídos con varias laxes de pedra chantadas verticalmente e unha gran pedra horizontal a modo de peche.

No certame houbo unha gran variedade de propostas: antas de masilla, de pedra, con paisaxe incorporada, en caixas,... Estiveron expostos no aula de 1º do E.S.O. durante unha semana e agora, por fin, o xurado deu un veredicto!

Velaquí a anta gañadora do IIIº Certame de Construción de Megalitos:

Anta gañadora, realizada por María Rodríguez Ramos.

Aínda así hai que facer mención das dúas antas finalistas xa que a decisión final foi moi disputada:

 1ª finalista: anta "zen" de Erin Álvarez Iglesias.

 2ª finalista: anta selvática de Paula Álvarez Borrajo.

Para elixir a gañadora tívose en conta a fidelidade histórica da creación de María. Se non nos credes, comparade a súa anta con este dolmen irlandés!

 O dolmen de Poulnabrone, erixido durante a Idade do Bronce en Irlanda.

Gracias a todos e todas os participantes!