Nestas últimas semanas as noticias viñan cargadas de referencias aos volcáns. O máis nomeado, pola súa proximidade, foi sen dúbida o chamado "volcán de El Hierro" no arquipélago das Canarias. O que máis chamaba a atención deste volcán era que (ata hai uns poucos días) era invisible: só os tremores de terra, unha gran mancha na superficie do mar e o aumento de gases na atmósfera indicaban que algo estaba pasando.
Pero, por fin, o volcán fixo a súa aparición...
Vídeo da Televisión Autonómica de Canarias
Por que tardou tanto en facerse notar? Ben, para poder comprendelo hai que repasar a orixe e estrutura dos volcáns submarinos.
Lembrade que os volcáns son orixinados por fisuras na codia terrestre, as cales permiten a saída de magma cara a superficie. Pero, que ocorre cando o magma non aparece directamente ao aire libre? Que ocorre co magma liberado baixo o mar? Ocorre o mesmo: o magma arrefría e solidifícase. Simplemente é que non o vemos!
O magma, ao solidificarse, vai formando un cono volcánico cada vez máis grande e alto... ata chegar a emerxer da superficie marina. É o momento no que o volcán se fai visible.
Esto lévanos a outra pregunta... Que ocurrirá a partires de agora se o volcán non deixa de cuspir magma? A resposta é evidente: o cono volcánico será cada día máis grande, acabará por saír á superficie e seguirá expulsando rocha...
E, alehop! Teremos unha nova illa!
Non é a primeira vez que ocorre, claro. Para rematar, aquí vos deixo a imaxe dunha illa orixinada pola erupción dun volcán submarino. Chámase "Surtsey", naceu en Islandia hai 48 anos e na actualidade ocupa unha superficie de 1,41 Km2.
Que nome lle poremos á nova illa das Canarias?
Por que tardou tanto en facerse notar? Ben, para poder comprendelo hai que repasar a orixe e estrutura dos volcáns submarinos.
Lembrade que os volcáns son orixinados por fisuras na codia terrestre, as cales permiten a saída de magma cara a superficie. Pero, que ocorre cando o magma non aparece directamente ao aire libre? Que ocorre co magma liberado baixo o mar? Ocorre o mesmo: o magma arrefría e solidifícase. Simplemente é que non o vemos!
O magma, ao solidificarse, vai formando un cono volcánico cada vez máis grande e alto... ata chegar a emerxer da superficie marina. É o momento no que o volcán se fai visible.Esto lévanos a outra pregunta... Que ocurrirá a partires de agora se o volcán non deixa de cuspir magma? A resposta é evidente: o cono volcánico será cada día máis grande, acabará por saír á superficie e seguirá expulsando rocha...
E, alehop! Teremos unha nova illa!
Non é a primeira vez que ocorre, claro. Para rematar, aquí vos deixo a imaxe dunha illa orixinada pola erupción dun volcán submarino. Chámase "Surtsey", naceu en Islandia hai 48 anos e na actualidade ocupa unha superficie de 1,41 Km2.
Que nome lle poremos á nova illa das Canarias?

No hay comentarios:
Publicar un comentario