Durante as últimas semanas puidose visitar en Burgos unha curiosa exposición de xoguetes na que se recreaban varias etapas históricas...utilizando unicamente componentes de playmobil!
O resultado, ademais de simpático, é espectacular. Aí tedes unhas mostras:
A Roma imperial, con arco do triunfo, templo e termas incluídas!
Festa viquinga...coas armas na man, por se acaso...
A Guerra de Independencia contras as tropas de Napoelón.
Fixédevos no cura coa sartén en primeira liña.
As tropas unionistas e confederadas nunha batalla da Guerra de Secesión americana.Dan ganas de coller os vellos xoguetes e probar por nós mesmos! Anímovos a elo. Probade a recrear algunha escena histórica con calquer tipo de xoguete e enviar por correo os resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario