O regreso
por Daniel Losada
Foi dificil ensinarlle a falar o
inglés pero por fin o conseguimos.
Chamámolo Víctor, encontrouse nun lugar do sur
do Congo, rodeado por animais de todo tipo dándolle
cobixo. A súa mente estaba pechada totalmente á sociedade. Caminaba a catro
patas, ao estilo dos simios, cheiraba a todo o mundo e subíase ás árbores para
coller froitos e repartilos entre os seus.
Resistíase a vir connosco e incluso
nos atacou algún gorila,pero ao final subiu ao barco con destino Londres.
Primeiro, o doutor Wayne Zhukovsky
fíxolle unha revisión a fondo e grazas ao seu estado físico puidemos saber que
tiña mais ou menos entre trece e quince anos.
Cando chegamos a Londres, despois
de dúas semanas e media, tivemos que anestesialo para podelo sacar do barco.
Despois metérono nunha especie de ambulancia blindada que iría ata a unidade de
Coidados e Investigación Intensiva Psicóloga (PIICU). Unha vez alí arquivaron o
caso e asinouse un dos psicólogos.
O parapsicólogo neerlandés Charles
van Rufford leva o seu caso e está utilizando todos os métodos dos que dispón
para saber como vivía e como se relacionaba; tanto a nivel persoal como nos
seus coñecementos de caza e supervivencia.
Experimentou con hipnose e con probas
a ceo aberto, tentando que mostrase algún tipo de interese en comunicarse
connosco. Estas probas deron resultados e pronto coñecimos os seus gustos.
A proba seguinte foi vestilo e
levalo a Harrod´s, un dos lugares máis concurridos de Londres. Unha vez alí demoslle
unhas pautas a seguir: demoslle cartos e un plano dos almacéns para que fora a mercar
a unha tenda. E, para a nosa sorpresa, en canto o deixamos libre comezou a
oliscar a todas as persoas que levaban abrigo de pel. Respecto ás súas compras,
foi a unha xoguetería a comprarse un peluche xigante, un gorila. Según el, era
o seu irmán.
Outra das probas foi levalo á
comisaría de policía para facerlle un Documento de Identidade e un pasaporte
inglés. Os primeiros contactos verbais non foron de todo ben, xa que cada vez
que lle preguntaban algo so contestaba “si” ou “non” sen querer razoar o que
lle preguntaban. Logo, o parapsicólogo nos comunicou que non estaba acostumado
a falar e que por iso non comprendía a súa utilización.
Outra das probas foi que, xa que o
documento de identidade e o pasaporte necesitaban foto, levámolo a un fotógrafo.
Ao final asustouse co “flash” e saíu correndo de alí. Menos mal que tiñamos
unha camisa de forza por se acaso…
Pasaron dous meses e ía mellorando.
Case parecía unha persoa civilizada, e digo case porque ás veces dáballe a
tolada e non había quen o parara. Encóntrome persoalmente moi satisfeito do
traballo e dos resultados obtidos. Se segue a mellor, dentro de tres semanas
comezará a vivir nunha casa de acollida ás aforas de Washington D.C. mentres
preparamos o dispositivo de búsqueda da súa familia.
Departamento
de Psicoloxía dos Estados Unidos de América.
Sr. Wayne Zhukovsky:


No hay comentarios:
Publicar un comentario