Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

16 de noviembre de 2012

Kilómetros de Solidariedade

O martes 20 de decembro celebraremos no colexio a Carreira Kilometros de Solidariedade en colaboración coa ONG Save the Children.


Kilómetros de Solidariedade
polo grupo de 2º da E.S.O.



Save the Children é unha ONG fundada en 1919 que defende os intereses dos nenos e as nenas desfavorecidos. Save the Children ten un gran marco de acción e traballa en 29 países.

O seu obxectivo é mellorar a situación dos nenos e as nenas dos países subdesenvolvidos: axudan a que funcionen os hospitais, as escolas, evitan que os menores se vexan na obriga de traballar… Ademais, en caso de catástrofe ou guerra nun país, facilitan o encontro dos nenos cos seus familiares.

Un dos seus principais focos de acción na actualidade é o Sahel africano. Neste terrirorio próximo ao Sahara houbo nos últimos anos unha catastrófica serie de malas colleitas que provocou unha crise alimentaria que ameaza con deixar a millóns de personas famentas.

A falta de fondos dos gobernos para respostar é enorme, polo que as ONGs son as únicas candidatas a aliviar a situación. É por isto que se levan a cabo iniciativas como a Carreira Kilometros de Solidariedade.

O funcionamento da carreira é o seguinte:

-    Repártese un folleto entre os participantes para conseguir patrocinadores (un familiar, un amigo, …).

- Os patrocinadores se comprometen a facer una doazón voluntaria por cada volta realizada ao circuito.

- No día da carreira cada corredor recibe un dorsal. Por cada volta ao circuito se recibirá unha pegatina.

-   O final da carreira, cóntanse as pegatinas para saber o total conseguido por cada un.


O carné de corredor da anterior edición.


É unha carreira que se celebra en colexios de toda España, polo que somos moitos os que estamos dispostos a axudar.

Anímate e participa!

28 de octubre de 2012

Cidadáns do Mundo: Aung San Suu Kyi

Na asignatura de Educación para a Cidadanía estivemos a investigar sobre personalidades que polos seus ideais ou modo de actuar podan actuar como modelos para outras persoas... 

Aung San Suu Kyi
por Daniel Losada

Naceu o 19/6/1945 na cidade de Yangón (Birmania). A súa inclinación cara a política venlle de familia, pois é filla de Aung San, heroe nacional que asinou o tratado de independencia birmano co Goberno Británico antes de ser asasinado.

Tras diplomarse en Oxford, traballar na secretaría das Nacións Unidas e ser profesora na India, regresou a Birmania en 1988.

En 1989, arrestárona tras liderar o partido político "Liga Nacional para a Democracia" e gañar as eleccións birmanas de xeito aplastante.

Como as autoridades militares se negaron a ter en conta este resultado, o seu partido non puido formar un goberno civil.

A súa loita foi recoñecida internacionalmente con varios premios:

- Premio Thorolf Rafto en 1990.
- Premio Nobel de la Paz en 1991.
- Premio Internacional Simón Bolivar en 2992.
- Premio Eleanor Roosevelt en 1992.
- Premio Oxford University en 1993.
- Premio Presidential Medal of Freedom en 2000.
- Premio Olof Palme en 2005.
- Premio Václav Havel a la Disidencia Creativa en 2012.

4 de marzo de 2012

A Historia en playmobil

Durante as últimas semanas puidose visitar en Burgos unha curiosa exposición de xoguetes na que se recreaban varias etapas históricas...utilizando unicamente componentes de playmobil!

O resultado, ademais de simpático, é espectacular. Aí tedes unhas mostras:

A Roma imperial, con arco do triunfo, templo e termas incluídas!


Festa viquinga...coas armas na man, por se acaso...


A Guerra de Independencia contras as tropas de Napoelón.
Fixédevos no cura coa sartén en primeira liña.


As tropas unionistas e confederadas nunha batalla da Guerra de Secesión americana.

Dan ganas de coller os vellos xoguetes e probar por nós mesmos! Anímovos a elo. Probade a recrear algunha escena histórica con calquer tipo de xoguete e enviar por correo os resultados.

18 de enero de 2012

Lendas medievais II: a Doniña Cerva

Durante a Idade Media existiron lendas e mitos que se podían escoitar por todos os reinos de Europa, sempre con variantes adaptadas a cada lugar. Exemplo destas historias comúns son a viaxe de San Brandán e o ciclo de mitos do rei Artur. Non obstante, existían tamén multitude de contos locais ou rexionais propios de cada lugar. Os contos locais facían referencias moi concretas e daban moitos detalles sobre a historia, os seus protagonistas ou os lugares nos que se desenrolaba. Moitos destes contos tiñan orixe nun feito real deformado pola mentalidade medieval, sempre desexosa de sucesos sobrenaturais.

Unha destas historias locais é a da Doniña Cerva, que se conta polas terras de Lugo desde os tempos do feudalismo.

A historia fala dun nobre chamado Froyaz e os seus dous fillos: o varón de nome Egas e a súa irmá Aldara. Os dous irmáns queríanse moito e estaban afeitos a dar longos paseos a cabalo polas terras do seu pai.


Mais un serán á hora de xantar Aldara non apareceu. Ninguén soubo decir nada; ninguén imaxinaba onde podería estar. Rexistrouse o castelo de arriba a abaixo, mais Aldara non apareceu. Ao caer a noite, un dos cazadores do pai afirmou tela visto a media tarde baixar do monte do castelo cara o regato que corría aos sus pés.


Temendo unha desgraza, o señor reuniu aos seus homes de armas e saiu na procura de Aldara. Nada puideron atopar, a pesares de que Egas e os escuderios pasaran toda a noite fóra chamando pola súa irmá.


Despois dalgúns días de pescudas inútiles, e xa dada por definitivamente perdida Aldara, imaxinaron que tiña sido morta por algún porco bravo ou por algún oso, e poda que esnaquizada e comesta polos lobos.

Ao cabo dos anos unicamente os seu pai e máis o seu irmán tiñan para Aldara algún pensamento de lembranza.


Un día Egas, indo de caza, quedou sorprendido ao ver unha fermosa cerva branca coma a neve preto do castelo. A cerva saltaba despreocupadamente sobre a herba, polo que Egas tirou co arco rapidamente e, tan certeiro tiña o ollo, cravou a frecha no pescozo do animal, feríndoo de morte.

Aínda impactado por aquela visión, Egas deuse conta que, só coma estaba e sen cabalo, non podía cargar con todo o animal ata o castelo. Daquela, co seu coitelo de caza cortou unha das patas dianteiras da cerva; gardouna nunha bolsa, e intentou memorizar o lugar para voltar cos servos a buscar o resto.


Xa no castelo Ergas relatou o encontro ao seu pai, describindo a fermosura do animal que matara, e quixo amosarlle a pata da cerva. Todos os presentes ficaron estarrecidos: no canto da pata, o que Egas atopou na bolsa foi unha man; unha man fina, branca; unha man de doncela nobre. E nun dos dedos daquela man lucía un anel de ourpo cunha pedra roiba. O anel que noutrora levaba Aldara.


Que encanto obrara aquela maldade? Endexamais se soubo, pero a desgraza non se soparou máis daquel castelo e a liñaxe que o gobernaba.


O castelo de Doiras, no concello de Cervantes, ben podería servir de escenario a esta triste historia