Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

11 de abril de 2016

A voz dos refuxiados

Un dos proxectos deste ano no colexio estivo orientado cara as migracións e os migrantes. Todas as asignaturas aportaron o seu punto de vista e desde a materia de Educación para a Cidadanía quixemos dar nome, voz e rostro ao drama dos refuxiados sirios.

@s alumn@s de 2º de E.S.O. buscaron e atoparon na rede multitude de testemuñas de persoas que fuxían da guerra en Siria. Escolmaron as que a eles lles semellaron máis representativas, ilustráronas con imaxes e situamos cada testemuña sobre o mapa. 


Resultado: outra proba do drama humanitario que, aínda hoxe, provoca a fuxida de milleiros de persoas cara as fronteiras europeas...

4 de abril de 2016

EXPOCIENCIA 2016

Como non podía ser doutro xeito este ano o departamento de Ciencias Sociais participou na Expociencia, o gran evento do colexio!

 A bilbioteca foi ocupada pola maxía, a historia e a literatura!

Nesta ocasión unímonos ao departamento de Lengua Castellana e convertemos a biblioteca do centro nun bosque de palabras, contos e mitos. @s alumn@s de 2º de E.S.O. converétornse en auténtic@s cazadores de tesouros e adentráronse nas escuras e míticas fragas da Europa medieval para traernos todo tipo de marabillas.

 O espazo da biblioteca reservado para as marabillas medievais

Na Idade Media os bosques cubrían unha gran parte do continente europeo e a maioría destes territorios estaban deshabitados e incluso inexplorados. Isto provocou que as fragas medievais fosen ocupadas por toda clase de seres míticos saidos da creativa mentalidade medieval: dragóns, trasnos, fadas, … Curiosamente moitos destes seres fantásticos estaban baseados en elementos ou sucesos reais.  Por iso, cada reliquia ía acompañada dun código QR que, ao ser lida por calquer dispositivo móbil, daba acceso a unha páxina web creada pol@s propi@s alumn@s que explicaba a orixe mítica de cada un dos mitos.

 Os códigos que permitían saber a orixe dos unicornios e os lobishomes


O certo é que a experiencia foi única e así os visitantes da XV Expociencia puideron desfrutar dunha visión diferente dos bosques.

 Algunhas das reliquias conseguidas pol@s alumn@s de 2º