Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

29 de octubre de 2016

Cinema e emocións

Durante as últimas semanas o grupo de 3º da E.S.O. estivo reflexionando sobre as emocións na matería de Valores Éticos: expresámolas, compartímolas e tratamos de comprendelas. Este reflexión coincidiu co visionado do primeiro filme do proxecto que realizarán nesta primeira avaliación, polo que unir ambos feitos foi moi doado: sentimos o cinema? Emociónannos as películas? A resposta é rotunda: SI.

Hoxe presentamos unha escolma realizada pol@s propi@s alumn@s: os filmes que nos emocionan (escena a escena).

 PETER E O DRAGÓN (2016)


Esta escena pareceume interesente e provócame alegría. É extremadamente emocionante ver como aceptan ao dragón por como é e non só fixándose no seu aspecto.

AMELIE (2001)


Elixina porque me fai sentir moitas emocións distintas. Fíxome comprender os distintos comportamentos das persoas na busca da felicidade e o amor.

BAIXO A MESMA ESTRELA (2014)


Paréceme unha parte moi emocionante porque os dous personaxes principais padecen cancro. O rapaz está en fase terminal e os seus amigos realízanlle un pre-funeral para que poda escoitar as palabras que ían ler cando el falecera. Isto  fai que me sinta algo triste.Un factor que fai que me emocione máis é a música que ten de fondo porque ten un ritmo lento e triste.

TITÁNIC (1997)


Titanic pareceme triste porque moita xente morre ou perde a un ser querido. Elixín esta escena  en concreto porque se ve á xente do barco afogando, sen poder salvarse, e a xente gritando dáme pena.

 ROCKY III (1982)


Cando vexo este tramo desta película a miña emoción é alegria, xa que se pode ver como  o protagonista vai conseguindo o que se propón. E finalmente consigue o que quere a base de esforzo.

UN PASEO PARA A LEMBRANZA (2002)



Esta é a típica película estadounidense na que o chico malo, que pasa ampliamente dos seus estudos, se enamora da chica boa, filla dun pastor. A escena que escollín reúne sentimentos moi fortes porque te dás conta que a vida é moi curta e hai que aproveitala, vivila ao 100%. 

 SE DECIDO QUEDARME (2014)


O final desta película emocióname porque a protagonista, que está en coma, recorda todo o que pasou e todo o que non volverá ter, xa que os seus pais e o seu irmán morreron no accidente. O seu noivo pídelle que volva con él e confésalle o que sinte. 

CARS (2006)


Ao ver esta escena o primeiro que sinto é enfado debido a que raio Mcqueen, que estivo entrenando moito tempo para competir e gañar a "copa pistón", decide non gañala. Fai este sacrificio para axudar ao seu amigo Strip, o coche azul, que tivo un accidente. Strip non tivese acabado a carreira se non fose por Raio, e iso faime sentir conmovido polos seus bos actos.
 
Como podedes comprobar a variedade é tanta que resulta abraiante... Así somos!

13 de junio de 2016

Afúndese o Titánic

_________________________________________________________

Redactoras: Aine e Paula

O Titanic afundiuse no medio do océano Atlántico tras o choque contra un iceberg.

O Titanic era un dos transalanticos máis grandes, partiu do porto de Southampton o 10 de abril de 1912 con 2.229 pasaxeiros e o seu obxectivo era chegar  a Nova York.

O barco tardou en afundirse ao redor de dúas horas e en total morreron 1516 persoas. Algúns lograron salvarse grazas á barcas a cales dispoñía o barco. A  gran parte  da mortes foron causadas por hipotermia  xa que o auga estaba a -2 graos e os que non puideron saír do barco afundíronse.

Logrouse  recuperar 333 cadáveres.

Unha das  sobreviventes foi Millvina Dean, que logrou subirse a unha das barcas das que dispuña o barco, e coa que puideron falar directamente as redactores deste xornal.



As nosas redactoras investigaron como contaron a nova na prensa da época.

11 de abril de 2016

A voz dos refuxiados

Un dos proxectos deste ano no colexio estivo orientado cara as migracións e os migrantes. Todas as asignaturas aportaron o seu punto de vista e desde a materia de Educación para a Cidadanía quixemos dar nome, voz e rostro ao drama dos refuxiados sirios.

@s alumn@s de 2º de E.S.O. buscaron e atoparon na rede multitude de testemuñas de persoas que fuxían da guerra en Siria. Escolmaron as que a eles lles semellaron máis representativas, ilustráronas con imaxes e situamos cada testemuña sobre o mapa. 


Resultado: outra proba do drama humanitario que, aínda hoxe, provoca a fuxida de milleiros de persoas cara as fronteiras europeas...

4 de abril de 2016

EXPOCIENCIA 2016

Como non podía ser doutro xeito este ano o departamento de Ciencias Sociais participou na Expociencia, o gran evento do colexio!

 A bilbioteca foi ocupada pola maxía, a historia e a literatura!

Nesta ocasión unímonos ao departamento de Lengua Castellana e convertemos a biblioteca do centro nun bosque de palabras, contos e mitos. @s alumn@s de 2º de E.S.O. converétornse en auténtic@s cazadores de tesouros e adentráronse nas escuras e míticas fragas da Europa medieval para traernos todo tipo de marabillas.

 O espazo da biblioteca reservado para as marabillas medievais

Na Idade Media os bosques cubrían unha gran parte do continente europeo e a maioría destes territorios estaban deshabitados e incluso inexplorados. Isto provocou que as fragas medievais fosen ocupadas por toda clase de seres míticos saidos da creativa mentalidade medieval: dragóns, trasnos, fadas, … Curiosamente moitos destes seres fantásticos estaban baseados en elementos ou sucesos reais.  Por iso, cada reliquia ía acompañada dun código QR que, ao ser lida por calquer dispositivo móbil, daba acceso a unha páxina web creada pol@s propi@s alumn@s que explicaba a orixe mítica de cada un dos mitos.

 Os códigos que permitían saber a orixe dos unicornios e os lobishomes


O certo é que a experiencia foi única e así os visitantes da XV Expociencia puideron desfrutar dunha visión diferente dos bosques.

 Algunhas das reliquias conseguidas pol@s alumn@s de 2º


17 de enero de 2016

Visita á Torre de Hércules

Na nosa visita á Torre de Hércules quixemos facer un exercicio de evocación e voltar ao pasado. Os estudantes de 1º e 2º de E.S.O. crearon as súas propias lendas a partir  das esculutras que rodexan o faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento.


O bravo vixiante ártabro
 Baseado nun relato de Caius Pupus,
 adaptado por Martín Fernández e Alejandro Miras

Era un día como outro calquera para os vixiantes ártabros, que escrutaban o horizonte coma sempre en busca de barcos. Os barcos fenicios xa chegaran o día anterior, polo que eles estaban tranquilos.

De súpeto, unha fortísima tormenta comezou a arreciar. 

Como os ventos eran tan fortes, acordaron que un deles  iría a comprobar a situación no poboado. Cando comezou a camiñar dificultosamente, decatouse de que un dos barcos fenicios que chegara anteriormente estaba a piques de afondar polo temporal. 


Entón, o bravo vixiante, sabedor de que os seus compañeiros non podían ver a embarcación debido a que só vixiaban o sur, e non o norte, correu e lanzouse á auga para salvalos. Conseguiu chegar nadando á embarcación tras un extenuante esforzo, pero o temporal aínda se fixo máis forte, e o barco foi arrastrado mar adentro. Todo parecía perdido, pero de súpeto, a tormenta amainou, permitindo a salvación de todos os tripulantes da embarcación. 

Seguramente Xúpiter, admirando a valentía deste bravo ártabro, fixo que a tormenta amainase.