Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

2 de abril de 2014

IIIº Certame de Construción de Megalitos


Este ano decidimos recuperar o Certame de Construción de Megalitos, aberto á participación de todo o alumnado de 1º do E.S.O. 

O concurso ten como obxectivo profundizar no coñecemento do megalitismo, un fenómeno especialmente afincado en Galicia e que afonda no máis remoto do noso pasado, ao tempo que se exercita a creatividade.

Nesta edición cada participante debía construír un dolmen propio. Os dólmenes (este termo procede do bretón, en galego é máis correcto anta) son monumentos funerarios da Idade dos Metais. Eran construídos con varias laxes de pedra chantadas verticalmente e unha gran pedra horizontal a modo de peche.

No certame houbo unha gran variedade de propostas: antas de masilla, de pedra, con paisaxe incorporada, en caixas,... Estiveron expostos no aula de 1º do E.S.O. durante unha semana e agora, por fin, o xurado deu un veredicto!

Velaquí a anta gañadora do IIIº Certame de Construción de Megalitos:

Anta gañadora, realizada por María Rodríguez Ramos.

Aínda así hai que facer mención das dúas antas finalistas xa que a decisión final foi moi disputada:

 1ª finalista: anta "zen" de Erin Álvarez Iglesias.

 2ª finalista: anta selvática de Paula Álvarez Borrajo.

Para elixir a gañadora tívose en conta a fidelidade histórica da creación de María. Se non nos credes, comparade a súa anta con este dolmen irlandés!

 O dolmen de Poulnabrone, erixido durante a Idade do Bronce en Irlanda.

Gracias a todos e todas os participantes!