Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

18 de enero de 2012

Lendas medievais II: a Doniña Cerva

Durante a Idade Media existiron lendas e mitos que se podían escoitar por todos os reinos de Europa, sempre con variantes adaptadas a cada lugar. Exemplo destas historias comúns son a viaxe de San Brandán e o ciclo de mitos do rei Artur. Non obstante, existían tamén multitude de contos locais ou rexionais propios de cada lugar. Os contos locais facían referencias moi concretas e daban moitos detalles sobre a historia, os seus protagonistas ou os lugares nos que se desenrolaba. Moitos destes contos tiñan orixe nun feito real deformado pola mentalidade medieval, sempre desexosa de sucesos sobrenaturais.

Unha destas historias locais é a da Doniña Cerva, que se conta polas terras de Lugo desde os tempos do feudalismo.

A historia fala dun nobre chamado Froyaz e os seus dous fillos: o varón de nome Egas e a súa irmá Aldara. Os dous irmáns queríanse moito e estaban afeitos a dar longos paseos a cabalo polas terras do seu pai.


Mais un serán á hora de xantar Aldara non apareceu. Ninguén soubo decir nada; ninguén imaxinaba onde podería estar. Rexistrouse o castelo de arriba a abaixo, mais Aldara non apareceu. Ao caer a noite, un dos cazadores do pai afirmou tela visto a media tarde baixar do monte do castelo cara o regato que corría aos sus pés.


Temendo unha desgraza, o señor reuniu aos seus homes de armas e saiu na procura de Aldara. Nada puideron atopar, a pesares de que Egas e os escuderios pasaran toda a noite fóra chamando pola súa irmá.


Despois dalgúns días de pescudas inútiles, e xa dada por definitivamente perdida Aldara, imaxinaron que tiña sido morta por algún porco bravo ou por algún oso, e poda que esnaquizada e comesta polos lobos.

Ao cabo dos anos unicamente os seu pai e máis o seu irmán tiñan para Aldara algún pensamento de lembranza.


Un día Egas, indo de caza, quedou sorprendido ao ver unha fermosa cerva branca coma a neve preto do castelo. A cerva saltaba despreocupadamente sobre a herba, polo que Egas tirou co arco rapidamente e, tan certeiro tiña o ollo, cravou a frecha no pescozo do animal, feríndoo de morte.

Aínda impactado por aquela visión, Egas deuse conta que, só coma estaba e sen cabalo, non podía cargar con todo o animal ata o castelo. Daquela, co seu coitelo de caza cortou unha das patas dianteiras da cerva; gardouna nunha bolsa, e intentou memorizar o lugar para voltar cos servos a buscar o resto.


Xa no castelo Ergas relatou o encontro ao seu pai, describindo a fermosura do animal que matara, e quixo amosarlle a pata da cerva. Todos os presentes ficaron estarrecidos: no canto da pata, o que Egas atopou na bolsa foi unha man; unha man fina, branca; unha man de doncela nobre. E nun dos dedos daquela man lucía un anel de ourpo cunha pedra roiba. O anel que noutrora levaba Aldara.


Que encanto obrara aquela maldade? Endexamais se soubo, pero a desgraza non se soparou máis daquel castelo e a liñaxe que o gobernaba.


O castelo de Doiras, no concello de Cervantes, ben podería servir de escenario a esta triste historia