Benvido ao blog das ciencias sociais do colexio XXX

30 de enero de 2013

A importancia da xeografía...

Ás veces a actualidade parece superar á imaxinación e nos sorprende con nova tan absurdas que resultan incribles... pero son certas!

Sabine Moreau é unha muller belga de 67 anos que unha boa mañá colleu o coche para ir a buscar a alguén á estación de tren. Tecleou o destino no seu aparello GPS, saiu do garaxe e seguiu as indicacións ao pé da letra. O que debía ter sido un traxecto de 40 minutos rematou nunha absurda odisea de dous días e 1.450 km!

A delirante ruta entre Solre-sur-Sambre (Bélxica) e Zagreb (Croacia)

"Vin sinais de tráfico en francés e en alemán. Pasei por Colonia, Aquisgrán, Fránkfurt... Pero non me fixen ningunha pregunta. Pisei o acelerador e continuei conducindo", declarou a condutora. E así, no canto de chegar á estación de tren rematou en Zagreb, capital de Croacia.

Como vedes, a xeografía ten a súa importancia, aínda que sexa para non perderse!

27 de enero de 2013

O neno salvaxe

Como tantos outros antes que nós, en Educación para a Cidadanía sentímonos atraídos pola figura do "neno salvaxe". É posible vivir sen contacto con outros seres humanos? E sobre todo, é posible voltar á sociedade?

O regreso
por Daniel Losada


Foi dificil ensinarlle a falar o inglés pero por fin o conseguimos.

Chamámolo Víctor, encontrouse nun lugar do sur do Congo, rodeado por animais de todo tipo dándolle cobixo. A súa mente estaba pechada totalmente á sociedade. Caminaba a catro patas, ao estilo dos simios, cheiraba a todo o mundo e subíase ás árbores para coller froitos e repartilos entre os seus.

Resistíase a vir connosco e incluso nos atacou algún gorila,pero ao final subiu ao barco con destino Londres.

Primeiro, o doutor Wayne Zhukovsky fíxolle unha revisión a fondo e grazas ao seu estado físico puidemos saber que tiña mais ou menos entre trece e quince anos.

Cando chegamos a Londres, despois de dúas semanas e media, tivemos que anestesialo para podelo sacar do barco. Despois metérono nunha especie de ambulancia blindada que iría ata a unidade de Coidados e Investigación Intensiva Psicóloga (PIICU). Unha vez alí arquivaron o caso e asinouse un dos psicólogos.

O parapsicólogo neerlandés Charles van Rufford leva o seu caso e está utilizando todos os métodos dos que dispón para saber como vivía e como se relacionaba; tanto a nivel persoal como nos seus coñecementos de caza e supervivencia.


Experimentou con hipnose e con probas a ceo aberto, tentando que mostrase algún tipo de interese en comunicarse connosco. Estas probas deron resultados e pronto coñecimos os seus gustos.

A proba seguinte foi vestilo e levalo a Harrod´s, un dos lugares máis concurridos de Londres. Unha vez alí demoslle unhas pautas a seguir: demoslle cartos e un plano dos almacéns para que fora a mercar a unha tenda. E, para a nosa sorpresa, en canto o deixamos libre comezou a oliscar a todas as persoas que levaban abrigo de pel. Respecto ás súas compras, foi a unha xoguetería a comprarse un peluche xigante, un gorila. Según el, era o seu irmán.

Outra das probas foi levalo á comisaría de policía para facerlle un Documento de Identidade e un pasaporte inglés. Os primeiros contactos verbais non foron de todo ben, xa que cada vez que lle preguntaban algo so contestaba “si” ou “non” sen querer razoar o que lle preguntaban. Logo, o parapsicólogo nos comunicou que non estaba acostumado a falar e que por iso non comprendía a súa utilización. 

Outra das probas foi que, xa que o documento de identidade e o pasaporte necesitaban foto, levámolo a un fotógrafo. Ao final asustouse co “flash” e saíu correndo de alí. Menos mal que tiñamos unha camisa de forza por se acaso…

Pasaron dous meses e ía mellorando. Case parecía unha persoa civilizada, e digo case porque ás veces dáballe a tolada e non había quen o parara. Encóntrome persoalmente moi satisfeito do traballo e dos resultados obtidos. Se segue a mellor, dentro de tres semanas comezará a vivir nunha casa de acollida ás aforas de Washington D.C. mentres preparamos o dispositivo de búsqueda da súa familia.


Departamento de Psicoloxía dos Estados Unidos de América.

 Sr. Wayne Zhukovsky: